Wednesday 15 de May de 2024

Un cento de asistentes á segunda sesión do Ciclo de Teatro de Outono do Concello de Boqueixón


Un cento de persoas acudiron o pasado sábado á Casa da Cultura de Camporrapado para asistiren á segunda sesión do Ciclo de Teatro de Outono do Concello de Boqueixón. O Grupo de Teatro Charamela de Melide fixo as delicias do público asistente coa posta en escena da súa obra Pode ser calquera…

A programación do Ciclo de Teatro de Outono, desenvolvido grazas ao apoio da Deputación da Coruña, continuará este domingo 1 de decembro cunha peza moi especial. Redrum Teatro protagonizará o espectáculo sobre violencia de xénero Invisibles. As entradas son de balde, mais deberanse recoller na Casa do Concello antes deste venres 29 de novembro. O aforo é limitado.

Dende o Concello de Boqueixón animan a toda a veciñanza a asistiren ás distintas actuacións previstas para este mes e ata mediados do vindeiro de decembro.